Dada a situación de emerxencia sanitaria na que nos atopamos é necesario solicitar cita previa para realizar xestións na Secretaría da nosa Escola. Neste espazo pódese solicitar cita previa para:
- matrícula nas Ensinanzas Superiores (alumnado xa matriculado): do 1 ao 7 de setembro (de 9 a 14:00h.) Ampliación: 15 e 16 de setembro (de 9 a 14:00h.)
- matrícula nas Ensinazas Profesionais (alumnado xa matriculado ciclos): do 8 ao 14 de setembro (de 9 a 14:00h.) Ampliación: 17 de setembro (de 9 a 14:00h.)
- inscrición nas probas de acceso extraordinario ás Ensinanzas Profesionais: do 1 ao 7 de setembro (de 9 a 14:00h.)
- matrícula nas Ensinanzas Superiores (novo alumnado): do 3 ao 4 de setembro (de 9 a 14:00h.)
- matrícula nas Ensinanzas Profesionais (novo alumnado): do 10 ao 11 de setembro (de 9 a 14:00h.)
Os pagos do seguro escolar e das taxas (de ser o caso) non se realizarán no momento de realizar a matrícula. Estes pagos realizaranse no mes de setembro nas entidades bancarias coa documentación facilitada ao realizar a matrícula. A documentación acreditativa do pago entregarase de xeito escalonado na segunda quincena de setembro.
Tede en conta que:
- Se no calendario non aparece algunha hora, é que xa está solicitada.
- Só se pode solicitar unha cita por persoa.
- Se non podes acudir á cita que tes solicitada, cancela para que outra persoa poida utilizala.
- Non podemos garantir a hora exacta de atención. Haberá trámites que se fagan en menos dos 10 minutos previstos, e outros poden tardar un pouco máis. Rogamos paciencia.
- Só se atenderán persoas sen cita previa de 9 a 10h.